Enlace para a descarga do ficheiro en formato .pdf:REGULAMENTO%2520TROF%2520GAL%2520SCOOTER%2520E%2520MOTOS%2520CLASIC...

 

 

TROFEO GALEGO VELOCIDADE EN SCOOTER E MOTOS CLÁSICAS

 

 

REGULAMENTO

 

 

1 DEFINICIÓN

 

O Trofeo Galego de Velocidade Scooter e Motos Clásicas 2.011 rexirase polo

regulamento de Velocidade da F.G.M. coas seguientes especificacions:

 

2 INSCRICIONS

 

O prazo de admisión das inscricions para as probas puntuables pecharase

definitivamente 10 días antes da data da competición. As inscricions deberán

formalizarse nos boletins que subministra a F.G.M. ou o club organizador e

remitiranse á F.G.M. antes de dito prazo xunto có xustificante do ingreso

correspondente. O importe dos dereitos de inscrición para cada unha destas

competiciones será de 50 euros, incluida a compensación económica de 3 euros

destinada á creación dun fondo para reposición e renovación de transponders.

Poderán participar os pilotos inscritos fora de prazo, pagando dereitos de inscrición

dobres (100 euros) e puntuarán tanto para a clasificación da competición como para

a clasificación final do Trofeo.

 

Poderán participar en calidade de *PILOTO INVITADO, pilotos con licencia

homologada RFME doutras comunidades autonomas, con dereito a podium e trofeo

pero sen optar a puntos nen a figurar na clasificación do Trofeo Galego. Deberán

enviar a inscrición e o xustificante do pago con 10 días de antelación a FGM ou

pagando dereitos dobles ata 2 días hábiles antes da proba (para que a FGM poida

comprobar se teñen licenza vixente). Non serán admitidas inscricións o mesmo día

da proba e a federación reservase o dereito de rexeitar as inscricións nas probas

con prazas limitadas.

 

3 PARTICIPANTES ADMITIDOS

 

Poderán participar os pilotos con licenza expedida pola F.G.M. do ano en

curso das categorías Junior, Senior e Veteranos, cunha idade mínima de 25

anos.

Os pilotos con licenza RFME expedidas por outras comunidades poderán

participar sempre que realicen a inscricion conforme o art. anterior, con

dereito a trofeos da proba pero non clasificarán para o Trofeo Galego

 

4 CATEGORÍAS

 

SCOOTER CLASSIC

MOTOCICLETAS CLÁSICAS (en categorías AeB).

 

 

5 VERIFICACIONS

 

5.1. Verificacions administrativas.

As verificacions administrativas realizaranse unha hora antes do

comezo dos adestramentos e cada piloto deberá presentarse coa

licenza federativa.

 

5.2. Verificacions técnicas.

Despois de realizar a verificación administrativa e ata unha hora antes

do inicio dos adestramentos cada piloto presentará a sua motocicleta

en perfecto estado de marcha de acordo có regulamento técnico e coa

indumentaria do piloto en perfecto estado (casco, mono, botas,

guantes, etc.).

 

5.3. Transponder.

Os participantes deberán entregar nas verificacions de cada

proba a sua licenza polo transponder que se entregará para colocar na

motocicleta que verifique, momento en que o piloto (ou seus pais ou

titores no caso dos menores) é o responsable do extravío, perda,

sustración ou deterioro do transponder que deberá devolver, no mesmo

estado en que lle foi entregado, dentro da media hora seguinte do

remate da proba para recuperar a sua licenza. No caso de

incumprimento desta norma e sempre que devolva o transponder no

prazo dunha semana, o piloto deberá facer efectiva unha

compensación económica a Federación de 100 euros, para poder ser

admitido en calquera outra competición. Se non devolve o transponder

no prazo dunha semana ou se ocasione danos no mesmo, deberá

aboar o valor total do transponder (200 euros), como requisito para

poder participar en calquera outra competición. As cantidades

sinaladas anteriormente establecense como compensación aos

perjuicios ocasionados. O retraso ou incumprimento na correcta

devolución do transponder poderá dar lugar á apertura de expediente

disciplinario.

 

6 MÍNIMO DE PILOTOS

 

Para realizar as competicions previstas teñen que estar inscritos en tempo e

forma un mínimo de 10 pilotos da mesma categoría e 8 participantes para

competir o día da proba.

Para que unha proba sexa puntuable deberá reunir en cada categoría polo

menos a tres pilotos, que deberán toma-la saida nos adestramentos.

 

7 ADESTRAMENTOS

 

En cada proba haberá un mínimo de 15 minutos de adestramentos libres por

categoría.

Os adestramentos clasificatorios, obrigatorios para participar na proba,

consistirán no caso de dispoñer de sistema de cronometraxe por transponders

en dez minutos cronometrados dos que se obterá a volta mais rápida de cada

piloto, e clasificaranse para a saida da proba polo tempo da sua volta mais

rápida, ata un máximo de 25 pilotos. En caso de non poder utilizar este

sistema de cronometraxe consistirán en duas voltas cronometradas e

clasificaránse pola volta máis rápida Os pilotos so serán admitidos para saír

en competición se o seu tempo de cualificación non excede nun 15% ó mellor

tempo do primeiro clasificado da súa clase nos adestramentos cronometrados. Aqueles pilotos que non se clasifiquen para participar na

competición polos tempos dos adestramentos cronometrados e que

completaran un mínimo de cinco voltas entre os adestramentos libres e os

clasificatorios, poderán solicitar o xurado ser admitidos excepcionalmente a

sair na proba.

 

8 CARREIRAS E CLASIFICACION.

 

Cada proba disputarase a un total de duas mangas de 18 minutos máis duas

voltas por categoría.

 

A penalización por adiantarse o sinal de saida será de 1 volta.

 

Para a clasificación xeral da carreira sumaranse os puntos das duas mangas.

No caso de empate resolverase polos mellores postos obtidos. De persisti-lo

empate resolverase a favor do que obtivo o mellor posto na última manga.

Para clasificarse en cada manga será indispensable realizar, como mínimo o

75% das voltas realizadas polo primeiro clasificado, ademais de pasar pola

liña de meta nos 2 minutos seguintes á chegada do vencedor.

 

Puntuación: Puntuarán os 15 primeros clasificados en cada unha das mangas

disputadas nas competicions deste trofeo e outorgaranse os puntos pola

clasificación de cada manga da seguinte forma:

 

1º clasificado25 puntos           9º clasificado7 puntos

2º clasificado20 puntos           10º clasificado 6 puntos

3º clasificado16 puntos           11º clasificado 5 puntos

4º clasificado13 puntos           12º clasificado 4 puntos

5º clasificado11 puntos           13º clasificado 3 puntos

6º clasificado10 puntos           14º clasificado 2 puntos

7º clasificado9 puntos             15º clasificado 1 punto

8º clasificado8 puntos

 

Para a clasificación final do Trofeo serán sumados os puntos conseguidos por

cada piloto en todalas mangas disputadas, non será descontado ningún

resultado. No caso de empate na clasificación final do Trofeo resolverase a favor

do piloto que obtivese maior número de primeiros postos, de persistir-lo empate,

polo número de segundos postos, e así sucesivamente. Se se mantén será

determinante o resultado da última manga puntuable.

 

9 RECLAMACIÓNS

 

Calquera reclamación contra o desenvolvemento da proba ou da

conducta doutro piloto deberá facerse por escrito acompañada de 90 euros

dentro da media hora seguinte ó término da proba.

Calquera reclamación contra a clasificación da proba deberá facerse por

escrito acompañada de 90 euros dentro da media hora seguinte á publicación

desta.

Calquera reclamación técnica contra unha motocicleta deberá facerse na

media hora seguinte ó remate da proba, por escrito e xunto cunha fianza de

150 euros.

 

Se se comprobase a veracidade dunha reclamación, o importe será devolto,

no caso contrario será retido e enviado á F.G.M.

As reclamacións entregaranse en man ó director da competición ou árbitro,

acompañadas da fianza correspondente e asinada unicamente pola persoa

directamente afectada. Non poderá referirse a máis dun tema por

reclamación.

Os pilotos participantes están obrigados a desmonta-los órganos mecánicos

da súa moto diante do comisario técnico se houbese unha reclamación (neste

sentido) doutro participante ou por verificación de oficio. A desmontaxe tamén

poderá ser realizada por un mecánico do propio piloto.

 

 

10 HORARIOS

 

A determinar

 

11 TROFEOS

 

O club organizador entregará ó finalizar a competición un trofeo a cada un dos

3 primeiros clasificados de cada categoría no podio montado para tal motivo.

 

REGULAMENTO TÉCNICO

MOTOCICLETAS CLÁSICAS

 

 

1 MOTOCICLETAS ADMITIDAS

 

As motocicletas admitidas son as seguites:

 

CAT. A.

Motocicletas de competición monocilíndricas de 2T ata 175 c.c.

Motocicletas de competición monocilíndricas de 4T ata 250 c.c.

Placa con fondo negro e Nº branco.

 

CAT. B.

Motocicletas de competición de 2T de cilindrada superior a 175 c.c. e

ata 250 c.c.

Motocicletas de competición de 4T de cilindrada superior a 250 c.c. ata

350 c.c.

Placa con fondo verde e Nº branco.

 

As motocicletas das categorías A e B deberán estar fabricadas entre os anos

 

1.945 y 1.971 serán monocilíndricas e non poderán ser de orixe xaponés.

Permitese competir con prototipos de 2T de fabricación española, sempre que

estén documentados con anterioridade a 1.975 e que o seu aspecto sexa

idéntico ó orixinal da época.

2 CARACTERÍSTICAS

 

2.1

As motocicletas deben presentarse tal e como eran na sua época, sen

cambios extremos, respetando os modelos de competición, deportivos

e sport de cada fabricante e marca. Deben usarse colins, asentos,

depósitos e carenados da época, e as cores propias de cada moto que

foron utilizadas na época. No caso de ser de fabricación posterior,

deberán ter o mismo aspecto que se foran do período orixinal.

Utilizarase sempre guardalamas dianteira, excepto cando a moto teña

carenado con forma para a roda, como eran na época.

 

2.2

No se permiten frenos de disco en ningunha roda.

 

2.3

No se permite ningunha llanta de fundición (llantas de paus).

As únicas llantas permitidas son as de radios das medidas que permite

o presente Regulamento para cada modelo.

 

2.4

A máxima anchura permitida da llanta nas duas rodas

é de 3” pulgadas, 76,2 mm. nas duas categorías.

Unicamente estarán permitidas as llantas en medidas de 18 e 19

pulgadas de diámetro.

 

2.5

Todas as motocicletas deben ter un par de amortecedores de

suspensión traseira. Non se permiten MONO-AMORTECEDORES,

excepto que se poida demostrar que o equipara de orixe. O conxunto

da suspensión traseira debe parecer da época. Quedan excluidos os

amortecedoress con depósito de gas adicional ou incorporado. Non se

permitirán suspensions dianteiras nin traseiras con reglaxe exterior

(aire, gas, etc.). O diámetro das barras da suspensión dianteira será

dun máximo de 35 mm.

 

2.6

Non se permite ningún basculante de sección rectangular, excepto nas

motocicletas que o montaban de serie. Admitirase expresamente

reforzos adicionais sempre que non se modifique a estética do

conxunto e da propia motocicleta.

 

2.7

Os motores poden modificarse libremente no seu interior e/ou porlles

componentes de fabricación moderna pero todas as pezas visibles do

motor deben ter o mismo aspecto externo orixinal, ainda que sexan de

fabricación moderna. Non se permite variar a cilindrada do modelo de

orixen. Poderanse utilizar nas motos de 2 Tempos españolas cilindros

de “4 aletas”, “cuadrados” e “rizados” respectivamente para facilitar

costes e competividade.

 

2.8

A elección do carburador é libre, sempre que sexa un modelo da época

ou ben réplicas de fabricación actual. Non se permiten carburadores de

guillotina, de campana plana, ni fabricados con materiais que non se

utilizaban na época. Non se admitirán sistemas de admisión que

utilicen láminas. Está permitido calquer carburador sempre e cando

sexan de comporta redonda. Recomendables BING 54, AMAL-400,

DELL’ORTO PHBE, MIKUNI VM.

 

2.9

O mando do gas (acelerador de puño) será sempre de saida frontal

para todas as categorías.

 

2.10

É obrigatorio o precintado dos tapons e parafusos que accedan a

espazos físicos ocupados ou bañados por aceite.

 

2.11

No caso de tratarse de motores de cárter seco, o depósito de aceite

debe ser do tipo e diseño de orixe, colocado no chasis na posición

orixinal.

 

2.12

Todos os respiradeiros do motor e/ou desvaporizadores deberán

terminar nun vaso recuperador cunha capacidade mínima de 250 c.c.

É obrigatorio nas motos de 4T, o montaxe dunha bandexa de

recuperación de aceite, por debaixo do motor, que debe poder reter o

líquido no seu interior, cunha capacidade mínima de un litro.

 

2.13

É obrigatorio o uso de silenciosos en todas as motos.

 

2.14

Os topes de dirección son obrigatorios e deberán estar colocados

adecuada e firmemente, que permitan deixar libre o espazo suficiente e

seguro entre a man pechada sobre calquera dos puños e o depósito da

moto ao xirar o tren dianteiro.

 

2.15

Os accesorios que se monten, tales como pedais de cambio e freo,

pousapés, soportes, manetas, puño de acelerador, amortecedor de

dirección, tirantes de freo, etc., deberán ser iguais ou similares aos

utilizados en competición ata o ano 1.972. Quedan prohibidos os puños

de acelerador de saida lateral e as manetas de plástico. As manetas

sempre terminarán en bola, así como os semimanillares, os pousapés

(estriberas), e as palancas de cambio e freo traseiro serán

redondeadas.

 

3 NEUMÁTICOS

Os neumáticos deben ser sempre de turismo ou deportivos.

Non se permiten SLIKS ni SLIKS RAIADOS . Para as categorías A e B a

máxima anchura será de 120 mm.

 

4 ADECUACIÓN DAS MOTOCICLETAS AOS REGULAMENTOS

Non se admitirán motocicletas nas que o aspecto exterior de conservación

e/ou de restauración non se adapte aos mínimos exixibles polo Regulamento

Técnico. Tampouco se permitirán manillares “PLANOS” ou de “ENDURO”, xa

que estos non son recomendables nin estéticos en competicions de

velocidade, solamente semimanillares de uso en competición. No demais,

todas as motocicletas deberán estar preparadas de acordo cós requerimentos

do código FIM e do Regulamento particular da proba.

 

5 SAIDA EN CARREIRA

Efectuarase co motor en marcha salvo nos casos que a Federación ou

organismo competente aprobe no regulamento particular da proba que pola

sua tradición requira facer a saida con motor parado, empuxando cada piloto

a sua motocicleta á clásica usanza dos anos aos que pertenecen as motos

admitidas no presente regulamento. Recomendase permitir NON parar o

motor entre a volta de recoñecemento e a de quentamento sempre que non

se demore a saida. Adoptase xeralmente as saidas con motor en marcha polo

maior índice de seguridade.

 

6 RECOMENDACIONS

A decoración das motocicletas realizarase respetando no posible as cores

orixinais que cada marca utilizaba na época, así como os diseños e

fileteados. Non estando permitidas as cores excesivamente vivas que poidan

desvirtuar o espíritu clásico destas motos de época e competición.

 

Uso de carburantes. Solamente estarán permitidos os combustibles que se

poidan adquirir en calquer surtidor para uso comercial e as gasolinas de ata

cen octanos ricas en chumbo acorde cos materiais destas motos. Non se

permiten gasolinas de competición nin con aditivos especiais.

 

Vestimenta dos pilotos. Monos de coiro dunha soa peza. Recoméndase que

os monos sexan de cor negra, dunha soa cor tradicional ou de duas cores

(sempre con pantalón negro).

 

Seguridade do piloto. Recomendase utilizar sempre espaldeira e protecions

no mono. As botas, guantes e mono deberán estar en perfecto estado. O

casco estará debidamente homologado coa identificación do fabricante para

uso deportivo e será modelo integral. Todos os pilotos están obrigados a

presentar o equipo persoal na verificación técnica a petición do Comisario

Deportivo.

 

REGULAMENTO TÉCNICO SCOOTER CLÁSICOS.

SCOOTER CLÁSICO: Scooter de chapa con cambio manual mecánico.

Categoría única.

 

CONDICIONS DOS SCOOTER PARA SER ADMITIDOS:

Deberá conservar a estética orixinal do scooter.

 

1.CHASIS.

Obligatorio que todos os scooter teñan o chasis e o motor do modelo orixinal.

Non se admitirán modificacions no chasis.

A carrocería estará completa incluido o manillar e o gardalamas.

Permitense reparacions na chapa sempre que se conserven as dimensions

orixinais.

Permitirase competir coas tapas laterais do scooter só cando estén ben

 

suxeitas.

Será retirado o pedal de arranque.

Non se permitirán partes móviles, retrovisores, cabaletes, etc.

As aristas cortantes teñen que estar ben protexidas.

Deberá eliminarse a batería e cualquer elemento óptico.

Non se permitirán rodas de reposto, porta-equipaxes , etc.

 

 

2.ACELERADOR. Deberá contar cun mecanismo de retroceso.

 

3.CORTACORRENTES. É obligatorio o uso de cortacorrentes (interruptor on/of)

que deberá ser instalado nunha parte visible do manillar, independentemente

da chave de contacto.

 

4.TAPÓNS DE ENCHIDO E VACIADO DE ACEITE. Deberán ser precintados

con arame de seguridade.

 

5.NEUMÁTICOS. Os neumáticos serán de libre elección. Está permitido o uso

de slicks. Non está permitido o uso de quentadores de neumáticos. O

diámetro da llanta non poderá superar as 10 pulgadas.

 

6.ESCAPE. Será de libre elección. Poderán ser montados escapes de

competición.

 

7.SUSPENSIÓN. Será de libre elección.

 

8.CÁRTER E BASTIDOR. Permanecerá de serie (estator E bobina).

 

9.ENCENDIDO. Será o do modelo orixinal. Se de orixen montaba un encendido

de platinos, permitirase a sua sustitución por un electrónico.

 

10.CILINDRO. Permitense as modificaciones no de serie. A cilindrada máxima é

de 202cc.

 

11.CULATA. Permitense as modificacions na de serie.

 

12.CIGOÑAL. Permitense as modificacions no de serie.

 

13.FREOS. Está permitido modificar o sistema de accionado. Están prohibidos

os freos de disco e accionamentos hidráulicos.

 

14.CARBURADOR. Sobre o carburador de orixe permitese o cambio de chiclés e

de difusor.

 

15.SCOOTERS ATA 125 cc. Deberán cumplir as normas detalladas con

anterioridade, coas seguintes excepcións: Permitese a modificación ou

cambio do carburador. A cilindrada límite é de 127 cc., para o que se permite

modificar o chasis únicamente para ubicar o carburador, tendo que instalar

neste caso un recuperador de líquidos.

 

16. DORSAIS. Cada scooter ten que portar 3 dorsais, un diante e un a cada lado.

Serán dun tamaño mínimo de 15 cm, cos números negros e fondo branco,

lexibles e visibles a criterio do comisario técnico. Non poderán ser superiores

as 2 cífras.

Penalización por adiantarse o sinal de saida: 1 volta.

 

TROFEO SCOOTER CLÁSICOS 125: No caso de ter con scooter de 125 c.c. un

mínimo de 3 participantes en cada proba e un mínimo de 5 en todo o Trofeo, da

Clasificación Final do Trofeo Galego de Scooter Clásicos extraerase unha

clasificación para esta categoría de 125 c.c. cós mesmos puntos que obtiveron

na clasificación xeral. Os tres primeros clasificados na categoría de 125 c.c.

recibirán un diploma ó final da tempada.

Visitas: 42

Comentar

¡Necesitas ser un miembro de Scooter Classic para añadir comentarios!

Participar en Scooter Classic

Alberto Garcia Fandiño Comentario por Alberto Garcia Fandiño el abril 26, 2011 a las 5:14pm

Amancio: si se puede cambiar estator y bobina .

vespadicto: no se discrimina a las motos japos, simplemente es el reglamento que esta fucionando en estos momentos en España. Pienso que en el momento que surga la demanda se abrira a motos japos.

Vespadicto Comentario por Vespadicto el abril 26, 2011 a las 12:27pm
Pregunta desde la ignorancia... ¿porque se discrimina de esa manera a las motos japos?
Amancio Horro Comentario por Amancio Horro el abril 26, 2011 a las 2:06am

De acuerdo con el siguiente punto del reglamento:

9.ENCENDIDO. Será o do modelo orixinal. Se de orixen montaba un encendido

de platinos, permitirase a sua sustitución por un electrónico.

Si se sustituye el encendido de platinos por uno electronico se podrá cambiar el estator y la bobina, no?

Alberto Garcia Fandiño Comentario por Alberto Garcia Fandiño el abril 25, 2011 a las 1:37am

Que tanto carter,bastidor,estator y bobina seran los que motaba el fabricante en origen.

Amancio Horro Comentario por Amancio Horro el abril 20, 2011 a las 10:00am

Que quiere decir  en el punto 8 de las condiciones de los scooters, lo de estator y bobina?

8.CÁRTER E BASTIDOR. Permanecerá de serie (estator E bobina).